Ourika

Ourika

2.5 (2 رتبه‌بندی‌ها)
2019 · گالیسیایی · جلد نرم · 124 نسخه
به قفسه اضافه کنید

به این کتاب امتیاز دهید


صدور دفتر کتاب

توضیحات

Madame Duras sentiu unha gran fascinación pola historia de Ourika –unha moza senegalesa educada pola familia Beauvau, á que a autora frecuentaba–, e adoitaba relatala no seu afamado salón literario. Foron os seus amigos os que lle aconse-llaron que a escribise, de maneira que en 1823 apareceu unha edición privada que un ano despois xa foi pública. A anécdota real, metamorfoseada pola autora cos requirimentos da ficción, acadou unha moi boa acollida entre a crítica e o público, chegando a vender uns 7.000 exemplares, un fito para a época.

Claire de Duras pode ser considerada a primeira escritora en afondar na sensibilidade dunha muller africana, e faino construíndo un conciso e concentrado relato no que debulla os máis íntimos pensamentos de Ourika. Vítima da práctica inhumana da trata, a rapaza vive dende nena aparentemente integrada na sociedade aristocrática, que lle proporciona unha esmerada educación só destinada ás familias acomodadas, até descubrir a mentira que a arrodea, pois no fondo é albo dos prexuízos que imposibilitan a súa felicidade.

Ourika reflicte na súa confesión, reconstruída polo médico que a atende nos seus últimos días de vida, os padecementos dunha muller intelixente, torturada pola idea da soidade e a imposibilidade dun afecto verdadeiro.

جزئیات کتاب

فرمت جلد نرم
زبان گالیسیایی
منتشر شده ژانویه 1, 2019
ناشر HUgin e Munin
نسخه‌ها 124 نسخه
به قفسه اضافه کنید

به این کتاب امتیاز دهید


صدور دفتر کتاب