As valgadas bravas

As valgadas bravas

Raimon Casellas , Eduard del Castillo Velasco (翻訳者)
まだ評価がありません
2013 · ガリシア語 · ペーパーバック
棚に追加

この本を評価する


ブックジャーナルをエクスポート

説明

Casellas botou tres anos concentrado na escritura da súa única novela, As valgadas bravas, que, tras saír de xeito fragmentario na prensa da época, foi publicada nun volume de seu en 1901. Esta obra supón a inauguración do modernismo narrativo nas letras catalás e é tamén a precursora do que se daría en chamar naturalismo rural. En esencia, o texto presenta o enfrontamento de dúas visións, a do home letrado e a da sociedade, que o autor simboliza respectivamente nas figuras por unha banda dun capelán e pola outra dos bravos e primarios habitantes dun recullo de montaña. Con todo e iso, este simbolismo vén alicerzado sobre unha base realista, con lugares e personaxes perfectamente recoñecibles.

A modo de envoltorio, aparece a natureza agreste, que contribúe a imposibilitar a adaptación do relixioso á vida rural. Cómpre sinalar por último que o espírito de loita, malia desenganos e derrotas, se erixe como valor fundamental para o autor barcelonés, algo que predicou dende os comezos o propio ideario modernista.

本の詳細

形式 ペーパーバック
ページ数 170ページ
言語 ガリシア語
公開されました 1月 1, 2013
出版社 HUgin e Munin
ISBN-10 8494121111
ISBN-13 9788494121111
棚に追加

この本を評価する


ブックジャーナルをエクスポート