O osiño Chispa

O osiño Chispa

まだ評価がありません
2023 · ガリシア語 · ハードカバー
棚に追加

この本を評価する


ブックジャーナルをエクスポート

説明

Un álbum tenro e divertido sobre o valor da escola, a aprendizaxe, a autonomía persoal e o sempre valioso consello dos maiores. Chispa era un pequeno oso aventureiro, alegre e decidido. Unha mañá díxolle á súa nai: “Deixei a escola. Xa son maior, e quero traballar”. Pero cociñar, coser, pintar a porta da casa ou fabricar unha cadeira de brazos eran tarefas máis difíciles do que Chispa imaxinaba. Tras un encontro co ancián Don Moucho, pensa que quizais non é tan mala idea volver á escola e reencontrarse cos seus amigos, aos que tanto botaba de menos. Malia que Chispa non está preparado aínda para algúns traballos, lonxe de desanimalo, os adultos permítenlle experimentar e darse conta por si mesmo das dificultades. “O osiño Chispa” é unha fábula contemporánea que pon de manifesto a pequenos e maiores a importancia da aprendizaxe, a autonomía persoal, a perseveranza, os sabios consellos dos maiores e a escola como lugar de formación e socialización. Rosa Osuna logra unha obra plástica que destila calidez, con multitude de detalles, trazos sinxelos e unha combinación cromática moi acertada

本の詳細

形式 ハードカバー
ページ数 36ページ
言語 ガリシア語
公開されました 9月 5, 2023
出版社 Kalandraka Editora
ISBN-10 8413432456
ISBN-13 9788413432458
棚に追加

この本を評価する


ブックジャーナルをエクスポート