説明
Un relato necesario e esperanzador sobre a infancia, a tolerancia e a diversidade como antídotos contra a violencia e a guerra.
Nun tempo en que non existían os teléfonos móbiles, o señor Bianchi, representante de comercio que viaxaba por toda Italia, chamaba todos os días a súa filla para contarlle un conto. Pero, como as chamadas eran moi caras, os contos debían ser moi curtos. Eses Contos por teléfono compoñen unha das
obras máis importantes de Gianni Rodari e Un e sete é un deles. Paolo, Jean, Kurt, Yuri, Jimmy, Chu e Pablo. Sete nenos de sete cidades: Roma,
París, Berlín, Moscova, Nova York, Shanghai e Buenos Aires. Sete nenos diferentes mais que son o mesmo neno. Sete nenos que rin na mesma lingua
e que, cando medren, non poderán declararse a guerra porque serán o mesmo home. Beatrice Alemagna ilustra esta historia breve pero con gran significado, con imaxes cheas de texturas e cor, que achegan información adicional sobre as cidades dos protagonistas e en diálogo constante co texto.

本の詳細
形式
ハードカバー
ページ数
32ページ
言語
ガリシア語
公開されました
6月 13, 2024
出版社
Kalandraka Editora
ISBN-10
8413432995
ISBN-13
9788413432991