A balada do café triste

A balada do café triste

还没有评分
2014 · 加利西亚语 · 平装书 · 3 个版本
加入书架

评价这本书


导出书籍日志

描述

O café convértese no punto de reunión da xente dunha vila rural do sur dos Estados Unidos, e recolle os cambios que o amor provoca coma se dun personaxe máis da novela se tratase. Carson McCullers describe con gran sensibilidade os temas da soidade, o desamor e a complexidade das relacións humanas a través dun triángulo de amor non correspondido formado pola señorita Amelia, Lymon e Marvin Macy. Inverte os roles de xénero e rexeita someter os seus personaxes aos habituais patróns de conduta, criticando a hipocrisía e os ríxidos valores morais do antigo sur dos Estados Unidos.

Nos seis relatos que seguen á novela curta que dá nome a este volume, McCullers continúa a tratar os temas da asimetría nas relacións amorosas, así como a inseguridade adolescente, o fracaso, a inxustiza social, o respecto polas peculiaridades das persoas, o alcolismo e as crises existenciais. Así a todo, fala con optimismo da esperanza en volver atopar o amor.

书籍详情

格式 平装书
页数 180 页
语言 加利西亚语
已发布 1月 1, 2014
出版商 Rinoceronte Editora
ISBN-10 8492866616
ISBN-13 9788492866618
加入书架

评价这本书


导出书籍日志