Nas catacumbas

Nas catacumbas

尚無評分
2005 · 英語 · 平裝書
加入書架

評價這本書


出口書籍日誌

描述

Unha posguerra cruel. A nova entrega da triloxía "Evanxélica memoria", proxecto narrativo co que Xavier Alcalá conta en clave de novela a represión sufrida polas comunidades evanxélicas en Galcia, céntrase no período que vai do final da Guerra Civil ao remate dos anos corenta. Nas catacumbas enfronta o lector ou lectora coa realidade dunha posguerra cruel, marcada pola brutalidade fascista e pola resistencia dos derrotados, que tentan sobrevivir nunha sociedade consumida e aferrollada polo medo.

Xavier Alcalá recupera para a novela galega unha parte da nosa historia recente, e faino dende o punto de vista dunha das minorías relixosas máis esquecidas, a dos protestantes galegos. Logo da publicación de Entre fronteiras, primeira parte da triloxía, coa que cubría o período da Segunda República e da guerra, Nas catacumbas iníciase co remate da contenda e prosegue durante os anos corenta. Unha época marcada polo estraperlo, a guerrilla antifranquista, a presenza dos nazis en Vigo ou as brutalidades dos fascistas na persecución de protestantes e fuxidos.

A través dos ollos do protagonista, un protestante que logo de loitar na fronte bélica tenta recuperar unha vida normal sen renunciar á súa relixión, Alcalá traza con man firme o relato novelesco dunha realidade histórica inesquecible, Nas catacumbas configúrase dese xeito como a novela da posguerra, un período pouco presente na narrativa galega contemporánea e que nesta obra adquire unha presenza contundente.

Xavier Alcalá anuncia xa a conclusión da súa trioloxía narrativa coa que será a terceira entrega, a novela que se titulará Unha falsa luz. Cada unha das tres novelas do ciclo mantén unha autonomía considerable, sen perder a coherencia dunha obra pensada para relatar as vicisitudes dun grupo humano con características propias, o dos evanxélicos galegos.

書籍詳情

格式 平裝書
頁數 424 頁
語言 英語
已出版 May 13, 2005
出版商 Galáxia
ISBN-10 8482888021
ISBN-13 9788482888026
加入書架

評價這本書


出口書籍日誌