Proleterka

Proleterka

尚無評分
2022 · 加利西亞語 · 平裝書 · 17 個版本
加入書架

評價這本書


出口書籍日誌

描述

Un grupo de turistas están a piques de embarcar no Proleterka, un buque iugoeslavo atracado en Venecia que iniciará en breve a singradura cara a Grecia. Os últimos en cruzar a pasarela son unha adolescente de quince anos e o seu pai. Entre ambos os dous hai un distanciamento total, e ao mesmo tempo un vínculo que se remonta a un escuro tempo remoto. Durante a viaxe, a filla desexa saber algo máis sobre Johannes, este home ao que apenas coñece, pero, sobre todo, gustaríalle descubrir esoutra cousa a vida como experiencia, ata agora só imaxinada dende dentro dos muros do internado. Delicada e precisa, “Proleterka” é unha novela breve sobre a incerteza, o resentimento, a dor familiar e a desconfianza, escrita cun estilo contido e sucinto, pero tamén intenso e conmovedor. Foi galardoada cos premios Donna Città di Roma e o Vailate Alberico Sala en 2001, así coma os Viareggio e o Vittorini en 2002.

書籍詳情

格式 平裝書
頁數 116 頁
語言 加利西亞語
已出版 Oct 1, 2022
出版商 Kalandraka
ISBN-10 8419213179
ISBN-13 9788419213174

類型

加入書架

評價這本書


出口書籍日誌