Limón (galego)

Limón (galego)

No ratings yet
2025 · Galician · Hardcover
Add To Shelf

Rate this book


Export Book Journal

Description

Un novo poegrama en galego para xogar coas froitas.

Cada exemplar de “Do berce á lúa” é un exercicio poético para educar o ollo e adozar o oído, como explica o seu autor Antonio Rubio. Pese á súa aparente sinxeleza, tanto o seu deseño como o seu contido, a partir de temas próximos aos intereses dos máis pequenos, son froito dun longo proceso de reflexión e creación.

Apoiándose nos recursos do cancioneiro tradicional infantil (rima, ritmo, enumeración, repetición, retrouso, acumulación...) e en imaxes recoñecibles que destacan sobre fondos claros, esta colección para cantar e contar é xa un referente da LIX para o tramo 0-3 anos e contribúe a iniciar o camiño da prelectura de moitas nenas e nenos.

Neste caso, “Limón” convídanos a xogar coas froitas e froitos silvestres e a descubrir quen se agocha dentro dunha misteriosa caixa: a protagonista máis pequena da casa.

Book Details

Format Hardcover
Pages 16 pages
Language Galician
Published Oct 9, 2025
Publisher Kalandraka Editora
ISBN-10 8413433975
ISBN-13 9788413433974
Add To Shelf

Rate this book


Export Book Journal